Opinión

Os "limpiabotas" de Ourense

O oficio de “limpiabotas”, recurso de, normalmente, xente “sin oficio nin beneficio”, vaise facendo residual a medida que os tempos traen maior número de oportuni dades, por mor da educación, emprego e avance económico. 
Nun principio era moi doado o seu exercicio. Era porlle ó cliente que calzaba zapato baixo un cartón triangular a cada lado, pra protexer os calcetís das manchas de colorantes e cremas; sacar os restos de terra na vira do zapato (a miúdo cunha moneda de cobre); limpar o pó do zapato cun cepillo máis basto có de dar brillo; darlle unha mau de anilina e cepillala hastra sacarlle brillo e, desegido, unha mau de crema e máis cepillo e remátalo cunha baieta de material apropiado pra polos coma un espello. 


Co tempo, coa emulación entre colegas, pra acadar mais siareiros, fóronse refinando as téunicas e aplicando xeitos máis “barrocos” na execución da labor, sendo moi rechamantes os estralos que facían ó cambear o cepillo de mau e mailo chirrido mol da aplicación da baieta.En Ourense había un salón de “limpias”no Paseo, na entrada ó Bar Túnel io garaxe da Empresa Perille, xerenciado polo Luís “Pispa”, no que estaban, entre outros que non lembro, o Filomeno, o “Pincho”, o “Pancho”, o “Naranxo”, o “Manco” e dous hirmaus, O”iño”, o “Herodes” e o Luís Sierra. Tamén había outro salón, máis pequeno, a carón da Empresa Suárez, na rúa do Progreso. Asimesmo, había dous “limpias” na Ponte. Un diles era alcumado “O Chato”. 


O sitio máis emblemático dos “limpias”, e nunca millor dito, pois alí lles levaba os emblemas do Auxilio Social o Teodoro Cambeses, era a Praza Maior, onde estaba o “decano”, Sr. Eladio, o “Charles”(tón), famoso por un certo apéndice que, asegún il, midía dez cás e medio, dos de cobre, de longo. Tamén foron indo alí “limpias” dos outros lados e, co tempo, o “pata de pau”, o Vigés” e outros. O Manco e os seus hirmaus Darío e Manolo establecéronse na beirarrúa do Hotel Roma e máis na de enfronte, a carón da Armería Feijóo. Outros, na rúa do Paseo, coma Luís, hirmau máis vello do Manco, que foi sempre o “limpia” oficial” do Bar Miño. O Paquito “Plumilla”, na Bilbaína, na que rematou de barman. O Mazaira. O estremeño Joaquín o “Xordo”, etc. Coido que non érro si digo que de todos iles, o último en retirarse da labor, fará dez ou once anos, foi o Luís Sierra, na Peluquería Vélez, nas Galerías Centrales.


A modo de anedotario, diremos que no salón do “Pispa” había, penduradas da parede, unhas pizarras grandes, de Quinielas Dorzán, onde ía tododiós os domingos, a mirar os resultados do fútbol no famoso marcador simultáneo. Que, ademáis de limpar, tingían calzado e bolsos; poñían “filis”, vendían cordos de zapatos e botas e tabaco de estraperlo e hastra facían recados. Desde eiquí o meu cativo homenaxe.

Te puede interesar