Opinión

¿En qué maus está o pandeiro?

Odía 13 (e martes) diste febreiro, presenciei na TV unha entrevista ó presidente da RAG, Sr. Alonso Montero. Do que se falou nela dedúcense, tanto esplícita como implícitamente, conclusiós que axudan moito a comprender porque o panorama linguístico galego é o que é iestá como está. Reafirmounos na certeza, que xa tiñamos, de que algús persoaxes ós que se adicou un Día das Letras Galegas, ós que ningún coñecía, foron a proposta de algún colega de filiación política. Que ista é causa de moitos desencontros entre grupos de distintas filiaciós e mesmo entre colegas da mesma, e que fai asemellar a Torre de Babel. Curioso que o presidente, comunista confeso, defendeu dos ataques de certos colegas seus a Filgueira Valverde, do que se opoñen a que lle sexa adicado o Día das Letras Galegas diste ano e de quen dixo que fora algo así coma un Cabalo de Troia do galegismo dentro do sistema franquista. Isto amosa un xeito de obrar que, sexa por amizade ou por ouxetividade, fala no seu favor. En troques, non tivo reparos en confirmar certos feitos de nepotismo cometidos polo seu antecesor no cárrego. 

Lle non oín dicir cal e criterio que rixe na RAG pra seleución e nomeamento dos candidatos ó podio nos citados Días das Letras. Porque sempre, ou casi, son escribidores e non hai filólogos, gramáticos, mestres, publicistas, etc. que nos axuden a comprender o estado da nosa cultura e da nosa lingua e das medidas precisas pra engrandecelas e promocionalas. Porque, ó remate, o discurso sempre é o mesmo: animar a uns e outros pra que loiten a prol do galego, na sabencia de que, co sistema que temos, é misión imposible. O triste do caso é que istes “capitás araña” de “armémonos e vaian”, cando fan algo sempre á contra dos intereses coleutivos. Como reza o dito: estache en bóas maus o pandeiro.

Te puede interesar