Opinión

As multas de tráfico

As multas de tráfico son castigos pecuniarios impostos por mor de certas infrauciós de alguna determinada lei. Pra que unha lei e maila cuantía das multas derivadas da súa infraución sexan xustas, deben gardar a debida proporción entre a infraución e o castigo, porque, si así non fora, crearíanse moitedume de agravios comparativos. A famosa “Lei do Talión”, a de “ollo por ollo e dente por dente”, era, conceptualmente, a máis ecuánime, pois castigaba o delito na mesma cuantía do daño feito. Ó que sacara o ollo doutro, ou lle cortase a mau, faciaselle a il o mesmo. O problema véu cando se principiou a cortar a mau por roubar unha carteira.

Aplicado ás multas de tráfico, pódese dicir que non soio aportan agravios comparativos dabondo sinon tamén abusos de autoridade. Por poñer un exemplo: un condutor que circula a 81 km/h nun tramo regulado a 70 é multado con 100 euros. Niste caso, rebasa nun 20% a velocidade permitida, cunha incidencia, grande ou pequena, sobor da seguridade dos outros automovilistas. Un condutor que non leva debidamente anclado o cinturón de seguridade é multado con 200 euros e retirada de tres puntos do seu carné. Iste condutor non atenta contra da seguridade de nadie, agás a súa propia, o cal constitúe non soio un agravio comparativo sinon tamén un abuso de autoridade, ó obrigalo a unha aución que debería ser do seu libre albedrío.

A todo isto hai que engadirlle a autuación dos, por outra banda, correutísimos axentes de Tráfico. Hai os que soio parecen coñecer a letra da lei, os intransixentes. Hai, tamén, os que saben que a lei, aparte da letra, tén un espírito e, ás veces, síntense máis inclinados á reconvención que ó castigo, mais vense forzados a facer a boleta, pola presión dos superiores na aplicación duns regulamentos que convirten a lei nun sistema recaudatorio abraiante. E nós con istes pelos.

Te puede interesar