Opinión

O PAI MIÑO

En 1943, o Servicio de Publicaciós da Direución Xeral de Turismo reeditaba unha edición do libro 'El salmón y su pesca en España', editado en 1930 polo consello superior de caza e pesca. Pra non estendernos e mais decatarnos de onde estabamos daquela e onde estamos hoxendía, nomearemos unhos pequenos apuntes do citado libro: 'Según cálculos científicos, el Miño es un río con una capacidad anual de noventa mil salmones. Los salmones de este río suelen ser de un peso muy grande, habiéndose cogido muchos, después de desovar, de cerca de las 30 libras. Como truchero, es magnífico río, pudiendo decirse que en sus pozos se guardan las truchas más grandes del mundo, habiéndose sacado ejemplares de más de 10 kilos. Los pescadores ribereños, de pluma y devón, no llaman grande a una trucha de un kilo, por clavar, con bastante frecuencia, y en una sola jornada, ejemplares de 1 a 5 Kg'.


Non se fala no devandito traballo da consideración que tiña o Miño coma o río máis rico, en variedades de pesca, de Europa. Tampouco se fai mención da famosa angía dourada do Miño que, aparte do seu valor gastronómico, alcanzaba unha gran produción que, xunto co sábalo e coa lamprea, era o sostén de moitas familias de ribeiraos.


Despois, como en forma de plagas bíblicas, chegaron as presas dos encoros, a contaminación, os incendios, con máis da mesma, o furtivismo, hastra con equipos de buceo, administraciós con medidas tan arrepiantes como a do 'tamaño mínimo', os venenos iesplosivos, etc. E, pra rematar, as gaivotas e os cormorás. As gaivotas remontaron os ríos, buscando o sustento que a presión estrautiva no mar lle negaba, e fixéronse carroñeiras. Detrás, e polo mesmo motivo, chegaron os cormorás. Foron subsistindo a conta de ir deixando o río sin crías de ningún peixe nas orelas, onde teñen o seu hábitat natural, o que as fai máis vulnerables e indefensas.


As nasas e os catamarás dos pescadores de Reza e do Porto xa son soio unha lembranza de tempos idos.


As gaivotas ios cormorás fóronse por falla de comida, aínda que coido que as condiciós do mar non milloraron pra iles. Entón, daquela?¿tan mal estamos? Non o sei. Mais non son o único que mira as ribeiras do noso río coa vaga espranza de ollar algún asomo de vida. E, si esto lle pasa ó Miño? ¿cómo será nos outros?, ¿deixaremos que o Pai Miño morra con nós?

Te puede interesar