Opinión

Parábola do león, o can e o PP

Androcles era un esclavo romano que, fuxido, atopouse nunha cova do deserto cun león que se laiaba lastimeiramente, por mor dunha espiña que lle atravesaba unha zarpa. Androcles sacoulle a espiña e viviu co león tres anos e alimentándose da caza que iste traía. Ós tres anos, Androcles foi preso e condenado a ser comesto polos leós do circo. Cando xa o público asistente agardaba ver a morte do condenado, viu, asombrado, como o león lle lambía as maus e, despois, tumbábase ós pés do seu amigo, pois non outro era o león do conto.

O Pepe atopou na rúa un can pillado por un coche. O probe animal tiña ósos desaxustados e moitedume de erosiós e cortes por todo o corpo. O Pepe, conmovido, tratou de arranxarlle os ósos o millor que pudo e, despois, tratou de valerlle as feridas con remedios caseiros. Mais eran un pouco fortes e o can, medio adoecido, escapou ladrando e cando atopaba outros cas polo camino mesmo os encirraba pra que iles ladrasen tamén.

Esta parábola, vista dende a óptica do PP, siñifica que os votantes fideles do PP, representados polo león, souperon recoñecer, agradecer e premiar o bén recibido. O can vén a ser a representación daquela xente que, por mor dunha situación económica desesperada, tivo que facer grandes sacrificios, como “curas de cabalo”, e que agora din que soio parecen lembrarse distes e non do bén que lle foi feito.

Láianse, no PP, de que a xente non considere suficiente mérito o arranxo da situación económica e tamén de que o partido non soubera “venderllo” á sociedade. Coido que a sociedade é conscente do feito no eido da economía. Do mesmo xeito, sabe que, sin certas “anomalías” ocurridas dentro do partido, posiblemente a situación non houbera sido tan grave. Asemella que a sociedade, co seu comportamento, está como tratando de dicirlle ó goberno que lle dé volta ó vello aforismo e que ficaría diste xeito: “A muller do César, aparte de parecer honrada, debe de selo”.

Te puede interesar