Opinión

¿Requiem polo galego?

Asemella andar un chisco alporizado o persoal, por mor de que cada vez son menos os que falan galego a cotío. O mais sorprendente é que os mais queixosos son, precisamente, os que mais fan por escarallalo. Moitos diles, por iñorancia. Outros, por amosar, implícitamente, que os seus empregos, oposiciós e demais etcéteras, foron acadados, en gran parte, polo seu “coñecemento”do galego e, outros, por ambalas dúas razós. O caso é que o noso idioma está ateigado, no uso oficial, de normas contraditorias, moitas sin respaldo inteleutual, que fan lembrar aquelo que no exército se chama “fogo amigo”. Non da iste espacio pra desenrolar a desfeita que supón a falla de normativa sobor do acento gráfico; do uso da X; dos plurales en IS ou NS; do incorreutísimo emprego da N, suprimindoa nunhos casos, engadindoa en outros, coma si fose unha montana rusa; da pretendida reconversión da LL en L; do troco da L en R; da potaxe das verbas rematadas en eiro/oiro; do mal uso dos pronomes enclíticos (che dixen, se falou, etc.); do uso e abuso da C velar (son K), inesistente no galego oral (proxecto/proieuto, afeccionado/afeizoado, etc.); da apropiación de vocábulos errados na súa ortografía ou no siñificado, coma “cuxo”, “grazas”, “danar”, “gañar”, etc.

Si o latín, sendo lingua imperial, desapareceu, non pretenderemos que o galego, en competencia e inferioridade de condiciós con outras, perviva. Si lle engadimos ó anteriormente esposto, que hai unha dinámica esnaquizadora. Si temos en conta que os in tentos de preservar a lingua son creados de xeito artificial e artificioso. Si queremos decatarnos de que os falantes cotiás de galego minguan, forzosamente, por custión de idade, volveremos ó diaunóstico, non por vello menos verdadeiro de que a desfeita do galego escomenzou cando as nais galegas deixaron de trasmitirllo ós seus cativos. E hastra non temos o recurso de rezar por il, porque ningún galego, que se saiba, foi ensinado a rezar na súa lingua.

Te puede interesar