Opinión

“Sánchez, Rajoy e a lingüistica"

Veño de ler, con iste tiduo, un artigo de A. Montero. 
Sorprendeume, por inusual, a cantidade de verbas coa grafía X, que, despois de contalas, da un total de 27. Si temos en conta que a X, en galego, tén un único son, que é o da sh inglesa (show), o citado artigo mostra as verbas “exposto”, “próximas” e “texto” (esta 5 veces) incorreutas (un 30%). Nestas, aplícalle o son KS (teksto) que, aínda que se dese o improbable caso de que estivese permitido, tería unha norma reguladora, que non tén. Esta xente, nistes casos, adoita xustificalo co reiterativo argumento de que pertence ó “galego culto”. Debe ser o mesmo criterio que leva ó autor a escribir “lingüística” e “monolingüe”, cunha diéresis que, si bén é necesaria no castelán, pra diferenciar cando unha G tén o son de J, no galego é completamente innecesaria por non tér o noso idioma o son J (a non ser que o precise no “galego culto”, porque o mesmo autor emprega a verba “ignoro”). 

Aparte de escribir a(h)í, sin a preceutiva H, emprega a C velar, refugada do galego dende séculos, i en outros casos non. Tamén se suma á moda do uso do condicional SE, en troques de SI, cando SE foi sempre unha licencia permitida do oficial SI. 
O Sr. Montero non foi quen, no seu paso pola Presidencia da RAG, de normativizalo acento ortográfico, imprescindible na escrita da Lingua Galega e obra en consecoencia: nunhos casos aplícao i en outros non. Mais o que me parece raro nil é que escriba “e é de xustiza”, sabendo que niste caso procede o emprego de I, pra evitar o iato, e iso por moita teima que lle teña ós que il denomina “ífilos”.

Ou sexa: que pra ser un artigo normal deixa bastantes mostras de como respiran os muñidores da nosa lingoa. E nos con istes pelos.     

Te puede interesar