Opinión

Bamboleo fun fun fun

Pois sí, aí estaremos esta Noiteboa todos os do equipo de “Bamboleo” tratando de facerlles compaña durante a súa cea de Nadal, ou polo menos coa intención de que nos teñan de fondo musical e festivo, porque con ese obxectivo fixemos un programa especial no que a música, o baile, o humor e o sentimento estarán moi presentes. E se ninguén o remedia ata eu me atreverei a cantar “A Belén vinde Pastores”, preciosa panxoliña á que os amigos de “Pandeiromus” lle fixero uns arreglos musicais ben lindos.


Habera moito sentimento porque contaremos con moitas persoas que viviron o Nadal en momentos ben diferentes ós nosos, ás veces con moitísimos menos recursos pero non por elo máis tristes. E con eles estará o sempre magnífico humorista Isi que, como o bó turrón, volve á casa polo Nadal, reencontrándose cun equipo de programa co que tantas horas de televisión compartíu e a bó seguro volverá compartir. Isi sempre é garantía de humor en estado puro, un pouco acelerado, pero sempre magnífico e para toda a familia. Como para toda a familia será a desternillante recreación de “Abba” que farán os meus queridos colaboradores Javier Varela, Claudio Pan, Damián Cortés e Pepe Capelán, no que promete ser un deses momentos televisivos irrepetibles.


Estarán connosco os compoñentes da Orquestra Cinema, cos irmáns Romero á fronte, traendo o ritmo trepidante que os caracteriza, e a quen nos queremos especialmente por ser a primeira orquestra que comezou a andadura de “Bamboleo” hai xa seis tempadas. Tamén nos visitará a Orquestra Fania Blanco Show, unha orquesta tamén moi familiar e moi remozada con compoñentes moi xóvenes que lle aportan frescura á indiscutible calidade da formación.
Polo plató pasara o sempre impactante Davide Salvado, a venezolana Georgina, o sempre agardado David Civera e a nosa querida Pili Pampín que vai estrear esta noite un sentido e precioso popurrí das mellores cancións de Ana Kiro, que deste xeito tamén será recordada polos meilleiros de incondicionais que a seguen querendo.


O baile deportivo, por nós coñecido como baile de salón, estará tamén moi presente neste Bamboleo especial, xa que nos visitarán tres parellas galegas que poden presumir de ter gañados moitos campionatos non soamente en Galicia ou España, senón tamén en Europa e mesmo a nivel mundial; e no apartado infantil de baile viviremos un dos momentos máis emotivos do programa, para non perdelo aínda que esteamos na casa a golpe de langostino ou turrón. 


No equipo do Bamboleo temos motivos para estar ben contentos e agradecidos, xa que durante todo este ano 2016 acadamos unha cotas de audiencia magníficas liderando a noite dos sábados na maioría das ocasións, por eso nesta noite tan especial quixemos poñer todo o noso sentimento para transmitirlles o noso cariño por deixarnos entrar nas súas casas, e nesta ocasión para desexarlles todo o mellor para este Nadal e para o novo ano 2017 que pronto estrearemos.

Te puede interesar