Opinión

Neurovisión

CAFÉ DE ACUTOPISTA

Crédeme se vos digo que nunca tiven ningunha fé en que algún día a máis que amortizada Autoestrada do Atlántico fose a ser gratuita.

É máis, estou convencido de que cada ano que pase seguirán aumentando incomprensiblemente o prezo da peaxe, o mesmo de incomprensible que é o tramo de pago que une Lalín con Santiago, que fai que os milleiros de traballadores que se desprazan a diario polas terras do Deza, ou de ida e volta cara Ourense, opten por utilizar a torturadora estrada nacional de toda a vida, onde máis dun conveciño noso deixou a súa vida. Pero por se fora pouco o noso cabreo cada vez que cotizamos na cabina de pagamento, sempre podemos au- mentalo parando a tomar un café nas súas áreas de servizo, non pola atención dos seus empregados que é moi correcta e profesional, senón polos prezos que se lles permite po- ñer a ditos establecementos como se se tratrase de hoteis de cinco estrelas, e nos que se aproveita a conxuntura de que unha vez que te metes na autoestrada xa non tes outra opción. Faime gracia, por non dicir outra cousa, a cantinela que lle fan repetir ós empregados no momento que pides o café, que normalmente no meu caso é sim- plemente un cortado, "¿le apetece algo de bollería?, ¿un zumito de naranja?"; pois non, non desexo bollería e moito menos un zume que, atendendo ó seu prezo, debe- ría estar feito coas máis exquisi- tas e selectas laranxas traídas nese mesmo momento en helicóptero desde Valencia. Xa lles teño con- fesado en máis dunha ocasión que este sentimento de atraco tamén me sucede noutros lugares nos que estamos momentáneamente se- cuestrados, feito do que se apro- veitan os negocios alí radicados, como é o caso dos aeroportos, os avións, ou os rápidos trens de lon- go percorrido. Confeso que me en- canta ver como a xente máis no- va, e tamén cada vez máis xente maior, sacan das súas mochilas os refrescos e os bocatas merca- dos unha horiña antes no súper a prezo infinitamente máis bara- to. Eu, por aquelo de contribuir á causa e non quedar soamente co feito de baduar desde estas páxi- nas, de cando en vez fago algunha que outra acción militante como a realizada nunha área de servizo da autopista á saída de Madrid, onde tiñan colocados nas mesas uns carteliños que nos convida- ban amablemente a depositar as bandexas nun lugar determina- do; pois no mesmo carteliño escri- bín, con rotulador bermello para que se vise ben, que polo prezo que acababa de pagar no autoservizo ben podían contratar a máis persoal que se encargase de tal enco- menda. E alí quedou a bandexa, e a miña reivindicación; imaxino que non serviría para nada, pero quedeime ben a gusto.

RITA GUERRA EN CAMINHA

Parece que desta sí, que o tempo vai permitir que poida asistir a algún dos concertos que tiña na miña axenda de verán, tendo que buscar outra data para ver o grupo Deolinda, que suspende- ra pola chuvia o concerto de Vi- la Nova de Cerveira e o da fadista Ana Moura que tivo que cambiar o aire libre por un pavillón depor- tivo, onde non me gusta escoitar cantar a ninguén pola mala calidade acústica. Pero este verán de augas e néboas quixo darnos un respiro nesta ponte festiva e parece que sí poderei ver nun fermoso lugar do casco vello de Caminhaá eurovisiva portuguesa Rita Guerra, inxustamente tratada polos xura- dos internacionáis cando representou ó seu país cantando de xeito maxistral a canción "Deija- me sonhar", que- dando relegada a unha posición moi baixa. Non é a primeria vez que dis- fruto desta mag- nífica intérprete, que ata o momento de participar en Eurovisión no ano 2003 era a cantan- te oficial do Casi- no de Estoril polo que tantos galegos teñen pasado. Impactoume saber hai un tempo que Rita Guerra cantou no Eurofes- tival pouco tempo despois do fa- llecemento da súa nai, pero o que ela non sabía mentres estaba can- tando para millóns de persoas de toda Europa desde o escenario de Letonia era que esa mesma noite fallecía o seu irmán, cousa que non lle fixeron saber ata rematado o evento. Con todo, Rita Guerra dí que a experiencia de Eurovisión foi inesquencible e que repetiría con sumo gusto.

CON EMILIO RÚA

gravei un programa especial no que contei entre outros artistas con Emilio Rúa, que me soprendeu facendo unha divertidísima versión do "La la la" de Massiel, ademáis de cantar temas do seu último disco "Destino Sur", co que está percorrendo Galicia e que estes días o levou ata Verín; un traballo no que nos implicamos un montón de amigos conscientes de que algo tan bó non podía agardar máis tempo a que alguén o produ- cise. Xa está a venda. 

Te puede interesar