Opinión

Neurovisión

RECORDANDO A ANA KIRO

chamei a Carlos Rivero un día despois de que se cumprisen catro anos do pasamento da querida Ana Kiro, e fíxeno a posta porque sei que nestas datas está moi ocupado atendendo centos de chamadas e, sobre todo, está moito máis ocupado consigo mesmo e co recordo da que foi o amor da súa vida, a artista que, a medida que pasan os anos, vai facendo máis grande a súa figura e lenda, recoñecida tamén agora polos que durante tampo tempo a ignoraron. Cóntame Carlos que segue vivindo na mesma casa de Mera, onde tantos dias felices compartíu con Ana e onde a tantos amigos recibiron, entre os que me conto, e ós que el aínda segue recibiendo; porque ten o bó costume este mag- nífico cociñeiro de recordar á súa muller organizando cada aniversario, ademáis dos actos relixiosos, unha gran churrascada, que sería como a Ana lle gustaría ser recordada; tendo como banda sonora a súa música divertida e festiva que tantos corazóns alegrou por toda a xeografía galega e catalana.

ÉXITO DE SERGIO DALMA

Chamo a Sergio Dalma para felicitalo polo seu cumpreanos e sobre todo polos últimos éxitos colleitados nos concertos máis recentes de Madrid e Oviedo. Arrasou na praza de touros das Ventas, saíndo polo porta grande como os mellores toureiros, onde celebrou os seus 25 anos de carreira, acompañándose de excelentes músicos e das colaboracións especiáis de Pablo Alborán, Vanesa Martín ou o italiano Nek, con que recreou “Esa chica es mía”, aquela canción coa que se dera a coñecer ó gran público antes de converterse en todo un número un pisando o escenario eurovisivo italiano de Cineccità onde interpretara o “Bailar Pegados”. Dime Sergio que o das Ventas foi un concerto único e irrepetible, grava- do íntegramente para editar CD e DVD que en breve sairán á venda; pero que o de Oviedo, pechando as festas de San Mateo, tampouco é para esquecer, con cinco mil almas entregadas coreando cada un dos seus éxitos, desde os últimos do seu disco “Cadore 33” a aqueles primeiros que todos recordamos, incluída unha canción á que o artista e máis u lle temos un cariño especial, a titulada “La vida empieza hoy”. Lembro con Sergio Dalma algunha das moitas entrevistas que lle teño feito, pero sobre todo unha na Radio Galega cando el estaba pasando un complicado momento persoal e profesional, e eu lle puña esa canción tan chea de optimismo augurándolle un futuro cheo de éxito, como así foi. Sergio é un traballador nato, un artista dos pés á cabeza; contar con el nos programas televisivos é garantía de audiencia, por que o público quérelle de verdade, porque el é verdade, sinxelo, colaborador e profesional, un señor en toda regra, que merece o moito bó que lle está pasando.

30 ANOS CON CASIANO

El sabe que non puiden asistir á conferencia do traumatólogo Pedro Guillén polo meu compromiso de cada venres con Luar, senón estaría encantado de arroupar como fixeron moitos ourensáns ó amigo Casiano para celebrar eses 30 anos que leva a súa clínica facéndonos a vida un chisco máis levadeira. E dígoo con coñecemento de causa, porque por consultarme ata me consulta por teléfono, como fixo hai unha semana na que o nervio ciático quería darme a lata, pero que puxen á liña inmediatamente cun par de exercicios acertados que Casiano me mandou facer e que surtiron o mesmo efecto que se a mesmiña Virxe dos Milagros intervira no asunto. Deséxolle o mellor a este gran amigo, co que compartín un ano de Seminario e co que sempre que podemos tamén compartimos mesa e mantel; e por suposto, tamén vai a miña felicitación a todo o seu excelente equipo.

ANTOLOXÍA DE PULIDO

Non faltou ninguén. Como dirían as crónicas de época, “estaba el todo Vigo”, e media Galicia diría eu. Era a inauguración este pasado xoves da exposición antolóxica do noso pintor Antón Pulido, home afable e divertido onde os haxa, ademáis de excelente artista. Recibíu no Centro Cultural Afundación a todos e cada un dos asistentes cun sentido abrazo, ata que chegou o Presidente Feijóo e comezou o acto oficial. Un bó número de autoridades presentes, desde o Presidente da RAG ata o Alcalde da cidade, pasando por concelleiros, vicepresidente do Parlamento, directores xeráis, e un sinfín de amigos, coleccionistas e críticos de arte. Eu cheguei á sala acompañado de Gene Cabaleiro con quen manteño unha boa amizade desde que me deseñara moitas das prendas que lucín no “Supermartes”. Todo estivo conxurado para que o Fillo Predilecto de Amoeiro sentise a calor dos seus nunha exposición realmente “antolóxica”. 

Te puede interesar