Opinión

"O noso derbi eurovisivo"

Pois xa está liada polo governo ruso, que anda dando a chanca con boicotear a próxima edición do Eurofestival. O triunfo da ucraína Jamala non lle sentou nada ben aos "fillos de Putin" máis reaccionarios, e o festival pasará á historia por, entre outras cousas, ser un dos máis politizados, tanto por este desencontro ruso-ucraíno como pola actitude da representante de Azerbaixán debido a unha lindes que teñen en litixio con Armenia, País que por certo recibíu a máxima puntuación do xurado español para disgusto de algúns de nós. Aínda que o meu amigo Felipe, eurofán ata a médula e asistente a cada edición desde que viñera ao "Supermartes" como público para conseguir os cartos que lle faltaban para viaxar a Copenhague, dime que os siareiros máis novos, á parte de que xa nin lembran que en Eurovisión había orquestra e estaba prohibido cantar nun idioma distinto aos oficiais de cada país, están encantados coas propostas como a de Armenia, que lles recorda ás súas artistas favoritas, tipo Beyoncé.

O certo é que nesto do idioma quedou claro que cantando en "Tártaro" tamén se pode ganar Eurovisión, e que nun País como o noso, con catro idiomas oficiais, é cando menos cuestionable acudir a Estocolmo cantando en inglés. Pero repito, esto que estou dicindo non o afirmaría nin farto de viño diante dunha ducia de xóvenes militantes eurofáns porque sei que sairía trasquilado, como así están saíndo os responsables de festivais de TVE, para quenes piden pouco menos que a pena capital por, ao parecer, non coidar ata o último detalle das coreografías, a luminotecnia e todo o que conleva a participación no maior evento musical europeo de todo o ano. Evento que, por certo, os suecos souberon facer maxistralmente, aínda que a moitos non nos guste demasiado o novo sistema de votacións, porque sendo verdade que se mantén a incógnita do país gañador ata o final, queda desvirtuado todo aquel ritual dos "points" que tanto nos enganchaba aos que seguimos Eurovisión desde que temos uso de razón, e porque agora, antes de ver a exultante alegría de quen gaña, temos que ver un bó número de caras decepcionadas que senten como quedan desbancadas. Pero dame a impresión de que esto vai seguir sendo así por moito que nos queixemos os máis "carrozas", xa que os tempos cambian e hai que adaptarse ás esixencias dos máis novos, quenes seguramente verán con sumo agrado que nalgunhas das cancións a realización televisiva sexa máis propia dun videoclip que dun festival ao uso.

De Barei pouco que dicir, estivo correcta defendendo unha canción que debería quedar en mellor posición e seguramente non terá demasiados problemas en facerse unha artista recoñecida, conseguindo que o "Say Yay!" soe en moitas emisoras de radio e locais de moda; ese é o poder do tan criticado idioma. Eu apostaba por Australia e Francia, que non quedaron nada mal, pero apostaba sobre todo polos moitos miles de incondicionais que seguiron sendo fieis ao noso "Bamboleo", un gran mérito, xa que para moitos de nós, co corazón partido, este sábado tamén se xogaba "O Noso Derbi Eurovisivo".

Te puede interesar