Opinión

Premio José Luis Alvite de xornalismo

AAsociación de Periodistas de Galicia decidíu crear o Premio de Columnismo "José Luis Alvite", en recoñecemento a quen foi unha das plumas máis notorias e incisivas do xornalismo galego dos últimos tempos.

Este ano coñecerase o nome do profesional galardoado o dia 12 de maio e nas sucesivas edicións será o dia 3, xornada na que se conmemora o Día Mundial da Liberdade de Prensa, un día imprescindible nos tempos que corren onde nun bó número de países exercer tan noble oficio está considerado como profesión de alto risco. Aos poderes corruptos, aos "troust" políticos e económicos, nunca lles veu ben que existiran persoas honestas e valentes que contasen a verdade metendo o nariz naqueles asuntos onde pior cheira.

Coñecín a un destes espíritos libres e incómodos, o amigo Alvite, cando desde as súa columnas chamábame de todo menos guapo e, xunto co tamén recoñecido xornalista Javier Sánchez de Dios, repartindo "piropos" a "torto e a dereito" sen deixar monicreque con cabeza. Dun e doutro cheguei a ser un bó amigo, e un e outro pedíronme publicamente disculpas, cousa que lles honra, naqueles tempos do "Supermartes" onde a moda cultureta era ir a contracorrente do que opinaba o povo de andar a pé, poñendo a parir os programas de maior consumo televisivo, como tamén lle ocorría ao amigo Gayoso e ao seu "Luar", que tamén recibíu leña dabondo do autor de "Historias del Savoy".

Con Sánchez de Dios mesmo cheguei a traballar ás súas ordes nuns tempos fantásticos en "Punto Radio", onde presentei cada mañá o "Protagonistas Galicia", e a José Luis Alvite conocino gracias á mediación do tamén radiofónico Luis Rial que nos presentou, mantendo unha conversa de sobremesa que se prolongou por espazo de non sei cantas horas, xa que saímos do compostelán pub "La Radio" ben entrada a madrugada.

Aquela páxina

Recordo con emoción a páxina que me dedicou días despois falando do meu traballo, e falando dos meus pais e da miña traxectoria profesional; pero tamén me dixo algo importante, "amigo Piñeiro, o día que deixemos de falar de tí e de darche caña estarás acabado". E por iso, a pesar da amizade que nos chegou a unir, de cando en vez enviábame algún dardo que eu encaixaba con diplomacia, mentres piropeaba á "miña nena", Alba Lago, a quen confesaba non perder nin unha tarde no "Acompáñenos". Creo que Alvite estaba perdidamente namorado da miña estupenda compañeira de fatigas, quen por certo segue presentando por toda España o seu primeiro libro "Andrea Contra Pronóstico".

Alvite sempre me recordou a aquel outro "bárbaro do norte", que así lle chamaba o radiofónico Manolo Ferreras a Fernando Poblet no exitoso "Tiempos Modernos" de Radio3, programa de culto para os que presumiamos de estar á última. Poblet era a Ferreras o que Alvite era a Carlos Herrera en Onda Cero, con ese humor negro, intelixente, culto e ás veces incómodo que tanto os caracterizaba. Hai centros de frases lapidarias deste noso xornalista que a partir de agora dá nome a un prestixio premio, pero quédome polo que me toca con aquela que dicía. "la televisión es una cosa que solo vale la pena encender durante los apagones". Xenio e Figura.

Te puede interesar