Opinión

Algo motivador

Para calquera ciclista profesional participar na Volta, Giro ou Tour é o máximo, e para Carlos Canal, ademáis diso, un premio, como tamén o é para nós. Sendo un rapaz saído da Escola Ciclista Maceda esto vivímolo en primeira liña como algo noso, é algo moi motivador. Primeiro foi convertirse en ciclista profesional e agora esta participación, é o máximo.

É o seu segundo ano de profesional, ten 20 anos e non sei como reaccionará nunha carreira de tres semanas pero Carlos é un ciclista atrevido. Despois do que nos leva amosado en etapas como a Volta a Burgos ou antes en Valonia e outras, seguro que se vai a mostrar moi activo e estará metido en fugas, e quen sabe se podería optar a unha etapa.

O seu único hándicap é a xuventude, pero por sorte a día de hoxe o ciclismo cambiou e ciclistas tan novos teñen a oportunidade de participar nas grandes carreiras.

Para Carlos estar nunha proba de tanta repercusión como é a Volta ten que supoñer unha oportunidade enorme en tódolos sentidos. Un é o da visibilidade, pero outro, e máis importante, é o da aprendizaxe de cara ao futuro. Que a disfrute pero que aprenda moito.

Te puede interesar