Allariz

Celebración do Sábado Longo en Xunqueira de Espadanedo

Xunqueira de Espadanedo cumprirá coa tradición mediante a celebración do Sábado Longo, unha festa de interese etnográfico e orixes ancestrais que sucede na noite do Sábado Santo ao Domingo de Resurrección.
A súa particularidade radica en iniciativas como a traída dos carros,  engalanados para a ocasión con flores de tempada, que son achegados ao Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo.