A Casa da Cultura de Xinzo acolleu, nun dos seus espazos, o acto de presentación de “Os rostros de Nós”: nove retratos de nove dos integrantes da agrupación cultural máis significativa en Galicia do século XX e que se reproducirán nunha serie de láminas que o Diario La Región achegará aos seus lectores xunto aos exemplares dos vindeiros domingos, sendo o día 23 a primeira entrega. Será a de Ramón Otero Pedrayo e o autor o celanovés Baldomero Moreiras, presente nesta xornada de presentación, e que adoptou a técnica do collage para dar unha imaxe do autor ourensán máis próxima aos nosos días.
Buscar
Os rostros de Nós
Presentación en Xinzo de “Os rostros de Nós”
Lo más visto
Ourense
SÁNCHEZ: Anuncia que DECIDE SEGUIR con "MÁS FUERZA si cabe" (COMPARECENCIA ÍNTEGRA) | RTVE
29/abr./24 11:44