Videos Ourense

A Xunta adxudica a licitación das obras de tres sendas en Ourense por 1,8 millóns

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou a licitación hoxe das obras de tres sendas nas estradas OU-105, OU-536 e na avenida de Ponferrada, no concello de Ourense.


Vázquez Mourelle achegouse a Ourense para presentar a nova actuación da Xunta na cidade e informar de que hoxe a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle a licitación das obras destes 3 novos itinerarios na Rabaza, en Ponte Sevilla e na avenida de Ponferrada, que suporán un investimento da Xunta de 1,8 M€, tendo en conta as expropiacións das 45 fincas afectadas.

A conselleira avanzou que o obxectivo é iniciar as obras ao comezo do verán para que poidan estar rematadas a finais deste mesmo ano ou comezos do próximo, ao ter un prazo de execución de 6 meses. As empresas interesadas neste contrato teñen ata o 14 de febreiro para presentar as súas ofertas.