Videos Ourense

As prazas da cidade, punto de reunión veciñal

As prazas e parques da cidade seguen a ser punto de encontro da veciñanza ourensá. Nestes lugares son máis visibles os cidadáns maiores, uns máis veteráns ca outros, que non perden o costume de socializar coa xente do barrio. No caso dos cidadáns de idades máis avanzadas, estas xuntanzas serven para remediar a soidade, unha condición indesexada que pode repercutir na súa saúde mental e física.