Videos Ourense

Presentación do Festival Pedra

Este xoves celebrouse a rolda de prensa de presentación da segunda edición de PEDRA, O Festival de Saberes, unha iniciativa que xuntará arqueoloxía experimental, música, danza e gastronomía na procura dun futuro para o rural de Ourense e Lugo.

Susana Reboreda, vicerreitora de Extensión Universitaria da UVigo; Begoña Garrido, do Grupo de Innovación Docente en Educación Patrimonial da UVigo; Óscar Penín, de A Bela Auria, e un representante do Xacobeo participaron neste encontro.