Videos Ourense

Baltar reivindica o potencial do termalismo na asamblea do Eixo Atlántico

O presidente da Deputación participou na asemblea xeral ordinaria do Eixo Atlántico, celebrada en Santiago de Compostela. Manuel Baltar resalta a importancia da “cooperación” ante un “escenario cheo de oportunidades”.

Como presidente do Foro Termal, Manuel Baltar avanza en 2022 un momento clave para o termalismo, “con fitos como o Congreso Mundial” que se celebrará este ano en Ourense e o traballo en rede para reforzar a visibilidade europea deste recurso, “un dos máis importantes que compartimos Galicia e o norte de Portugal”.