Videos Ourense

O Teatro Lauro Olmo de Barco homenaxea a Florencio Delgado Gurriarán

O Teatro Lauro Olmo do Barco acolle desde este mércores a exposición "Bebedeira", unha homenaxe ao protagonista do Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán. Onte foi inaugurada polos secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, o presidente da Real Academia da Lingua, Víctor F. Freixanes, o comisario da mostra, Ricardo Gurriarán, o vicepresidente da Deputación e varios alcaldes, entre outras personalidades.