Videos Ourense

Vida | Arianne Cristel, un collage de sensaciones

Arianne Cristel naceu en Caracas, como tantas outras familias, filla de emigrantes que deixaron o seu Cartelle natal na búsqueda de novas oportunidades. Pero o contacto coa súa terra sempre foi continuo, e acabou por facer que se quedase. Fai algo máis dunha década descubriu que o collage era unha forma de atopar paz e a tranquilidade, pero tamén unha expresión artística na que se movía con soltura creando pezas únicas que expresaban os seus soños.