Videos Ourense

Vida | X.M. del Caño, a maestría do relato curto galego

Falar con X.M. del Caño é achegarse ao mundo da literatura máis recente. Nomes como Xocas, Valente, Ferrín ou Tovar forman parte da súa traxectoria, non só profesional, senón tamén persoal. Agora, unha vez xubilado cumpre unha das súas arelas: facer unha recompilación do relato curto en Galicia. Un desexo feito xa realidade cun primeiro volume, “Fisterra”, no que 40 autores de diferentes estilos e xeracións da mostra da súa maestría co relato curto.