A escritora, bióloga, profesora universitaria xubilada e investigadora galega, Marisa Castro Cerceda presentará no IES Xermán Ancochea Quevedo de Trives o seu libro “A saga das curandeiras”.
O acto, organizado por “Furgando nos libros”, clube de lectura do centro educativo, terá lugar o vindeiro mércores 10 de abril. A escritora fará dúas quendas na biblioteca do instituto, a primeira será ás 12,00 horas dirixida para o alumnado e a segunda, ás 16,00 horas, é aberta a todo o público.
A narración relata a existencia das curandeiras en Galicia, desafiando a confusión e o escepticismo. O libro ofrece un percorrido fascinante ao longo do século XX, dende Galicia ata Madrid. A autora adica así a súa primeira obra a estas figuras tan relevantes en Galicia, plasmando no libro experiencias cercanas a ela.