recaudación solidaria

A asociación Limisi busca fondos para unha furgoneta

Foto Limisi_result
photo_camera Usuarios e traballadores do Centro de Diversidade Funcional Limisi, de Xinzo de Limia.

O grupo atende na comarca limiá a once persoas con discapacidade e ten cinco traballadores

A Asociación de Diversidade Funcional Limisi afronta a falta de recursos económicos coa promoción dos produtos que elaboran, desta vez un calendario. A pesar da boa acollida que ten na sociedade limiá, a asociación conta cunha gran limitación: a económica. Nos últimos anos viron como se reducían drásticamente as axudas públicas, feito que obrigou á asociación a buscar vías para autofinanciarse. A día de hoxe a institución mantense principalmentalmente grazas ás cotas dos usuarios, ás doazóns e máis ás ventas dos produtos de elaboración propia. E esta gran falta de recursos impídenlle acoller a aquelas persoas con discapacidade que requiren dunha atención máis especializada.

Agora mesmo o obxectivo da asociación é conseguir unha furgoneta para asegurar o desprazamento dos usuarios, unha tenda onde vender os produtos e un piso tutelado no que os usuarios se poidan emancipar das súas familias. Para conseguir ditas metas é preciso dar a coñecer o proxecto. Araceli Losada, responsable de comunicación e usuaria da institución explica que "queremos que se saiba de nós por dous motivos, para facer visible a diversidade funcional e para que a sociedade saiba que existimos e que podemos prestar axuda a quen o necesite"

Limisi xurdiu no 2006 en Xinzo e actualmente conta con cinco traballadoras que atenden a 11 usuarios. A asociación naceu da necesidade de aumentar a autonomía das persoas da comarca con discapacidade intelectual e así asegurarlles un futuro cando as súas familias non se poidan seguir facendo cargo delas. Limisi concentra as súas actuacións fundamentalmente no Centro Ocupacional, onde traballan a diario cos usuarios. A responsable de comunicación e usuaria, Araceli Losada Lamas, explica que "no centro traballamos as habilidades básicas da vida diaria. Nelas aprendemos a lavar, cociñar, lavar os dentes... en función da capacidade individual de cada usuario ".

Así mesmo, tamén existen "os talleres de ocio e máis as actividades formativas ou prelaborais, nas que se adquire experiencia para traballar". Ademáis do Centro Ocupacional, Limisi tamén ofrece o servizo paralelo "Gabinete Educativo Rehabilitador", no que atenden a persoas con "algún tipo de problemática de comportamento, conduta, fracaso escolar, discapacidades."

Un calendario solidario coa diversidade funcional

Una das iniciativas que ten en marcha a Asociación de Diversidade Funcional Limisi para recaudar fondos é a posta en circulación e venda dun calendario para 2017. Cada mes está adicado a un usuario da asociación e todos foron retratados pola desinteresada man do fotógrafo Moncho Rodríguez.

É o segundo ano que esta iniciativa se leva adiante e Araceli Losada asegura que, polo de agora, tivo unha gran acollida na sociedade limiá.

A realización deste calendario ten dúas razóns de ser. Por unha banda, serve para obter fondos e así poderlles facer fronte aos gastos da asociación. Pola outra, a realización desta actividade contribúe á preparación laboral dos usuarios e a súa visibilización, xa que son eles mesmos os que se encargan de promocionalo e administrar as ventas. Os almanaques pódense adquirir en comercios e en mercados e galas nos que participa a asociación.

Esta iniciativa súmase unha longa lista de produtos elaborados no propio centro: marmeladas, libretas, chapas, chalecos, detalles para vodas, comunións e bautizos... Ademais, Araceli Losada adianta que están traballando nunha campaña especial polo Entroido.n

Te puede interesar