GASTRONOMÍA

Comeza a primeira edición das “Tapiñas”

Representantes de la Asociacion de Hostaleiros da Limia en la presentación de la 1ª Edición das Tapiñas.
photo_camera Representantes de la Asociacion de Hostaleiros da Limia en la presentación de la 1ª Edición das Tapiñas.
Os interesados terán que aboar 2 euros por cada unha das tapas 

As “Tapiñas” do Concello de Xinzo de Limia deron comezo onte, e prolongaranse todos os xoves durante un mes. Esta é a primeira acción acometida pola Asociación de Hostaleiros, onde 13 dos seus 18 membros participan ata o 23 de maio, de 19,00 horas ata 22,30 horas (ou ata finais de existencias).

O custe da tapiña é de 2  euros por unidade e pódense atopar tapas de moi variados estilos e produtos co fin de que cada hostaleiro dé renda solta á súa imaxinación. Co fin de fomentar ademais a participación da clientela na primeira edición das Tapiñas, a Asociación de Hostaleiros da Limia sorteará entre todos os clientes que logren encher todo o cartón co cuño dos 13 establecementos  participantes nesta edición, unhas entradas para “O Son do Camiño” deste ano, que se celebrará os días 30 e 31 de maio, e 1 de xuño. 

Os cartóns serán recollidos nos propios establecementos participantes, onde tamén poderán ser entregados unha vez cumprimentados.

Te puede interesar