CONCELLO

Sandiás mellorará a súa calidade de recursos turísticos

Presentación do Plan de Acción da Xunta de Galicia.
photo_camera Presentación do Plan de Acción da Xunta de Galicia.
Este plan de Acción de Calidade da Xunta de Galicia conta cun investimento global de máis de 500.000 euros

O Concello de Sandiás estivo participando na presentación do plan da Xunta para intensificar a calidade e sustentabilidade dos recursos turísticos públicos en torno ao Camiño de Santiago, implementando e certificando a Q de calidade e a S de sustentabilidade.

O xefe da área Provincial de Turismo de Ourense, Cecilio Santalices; Enrique Pérez, xefe da área de Calidade de Turismo da Xunta, e o director xeral do Instituto para a Calidade Turística Española e a Sustentabilidade (ICTES), Fernando Fraile, abriron o martes, no edificio administrativo da Xunta en Ourense, as xornadas informativas para presentar o plan do goberno autonómico para intensificar a calidade e sustentabilidade turística no Camiño de Santiago.

Este plan é unha das medidas do Plan de Acción de Calidade e Sustentabilidade Turística 2024 da Xunta, que conta cun investimento global de máis de 500.000 euros.

Este Plan de Acción consiste en apoiar a implementación en distintos recursos de xestión pública, como museos, centros de interpretación e espazos naturais. Estos recursos están vinculados co Camiño de Santiago en cada concello.

Con este plan preténdese avanzar xunto cos concellos na busca da excelencia do destino turístico con cada vez máis establecementos e servizos turísticos. 

Te puede interesar