MELLORAS

A avenida de Madrid verá renovadas as beirarrúas

img_3612_result
photo_camera Estado actual das beirarrúas do tramo da avenida.

A obra incluirá a renovación das beirarrúas, do sistema de saneamento e abastecemento, e da pavimentación

Dentro da carteira de proxectos e renovacións de viais en Xinzo que está a elaborar o novo edil de Urbanismo de Xinzo, Ricardo Sieiro, atópase a reurbanización dun novo tramo dun dos eixos principais da capital limiá: a avenida de Madrid. Concretamente, o edil adiantou que se acometerá a reforma de ambos marxes do vial dende a rúa de San Sebastián ata a avenida de Portugal, que comunica coa estrada de Baltar. 

O goberno local acometeu xa a reforma do tramo que vai dende o centro da vila, á altura da praza Maior, ata o propio cruce coa rúa San Sebastián, e nos vindeiros meses está previsto que se comece a nova actuación que comprenderá un quilómetro xuntando os dous marxes. A obra incluirá a renovación das beirarrúas, do sistema de saneamento e abastecemento, e da pavimentación. 


Parque de Calistenia


Precisamente, na estrada a Baltar -ao pasar a ponte do río Limia-, está prevista a construcción dun parque de Calistenia, tal e como adiantou o edil de Medio Ambiente e tenente de alcalde de Xinzo, Manuel Cabas. Será o primeiro que teña a vila destas características e podería estar en funcionamento para este mesmo verán, xa que o concelleiro anunciou as obras para comezos de xuño. 

O Concello investirá neste novo espazo deportivo, que contará con elementos para correxir as posturas corporais das persoas que o empreguen, preto de 8.200 euros. 

Te puede interesar