O BNG urxe respostas sobre o Plan Estratéxico da comarca da Limia

El embalse de As Conchas en una imagen del domingo.
photo_camera Encoro das Conchas.

O director xeral de Agricultura e Industrias Alimentarias recoñeceu retraso no documento

A Consellería de Medio Rural recoñeceu no Parlamento de Galicia, a preguntas do BNG, a demora do Plan Estratéxico de A Limia, previsto para o 2022,  que aínda continúa en elaboración. O portavoz de Agricultura do BNG, Xosé Luís Rivas pediu explicacións á Consellería de Medio Rural sobre o Plan Estratéxico da cabeceira da comarca, o actual estado de contaminación da zona, as medidas adoptadas e as previsións da Xunta ao respecto.

Pola súa parte, o director xeral de Agricultura e Industrias Alimentarias, José Balseiros Guinarte, recoñeceu ao portavoz nacionalista a demora no documento de actuación na Limia, previsto para o 2022 argumentando que o texto aínda continuaba en elaboración para incorporar novas modificacións.

Na súa intervención, o nacionalista criticou os anuncios da consellería de medidas “das que nada se sabe” e sobre as que o PP continúa dando “a calada por resposta” para resolver a contaminación da comarca. Rivas lembrou que a aparición de cianobacterias no encoro das Conchas, as denuncias ecoloxistas, ambientalistas e de cidadáns en xeral chegaron ao Parlamento no ano  2017 a través de diversas preguntas e proposicións non de lei á instancias do Bloque Nacionalista Galego.

Te puede interesar