OBRAS PÚBLICAS

O Concello de Sandiás instala cubrecontedores

Cubrecontedores nos tramos do Camiño de Santiago.
photo_camera Cubrecontedores nos tramos do Camiño de Santiago.
Arranxáronse bancos en diferentes zonas de aldeas como nos accesos a igrexa de Santo Estevo e tanatorio

O Concello de Sandiás conta con varias reformas e iniciativas menores. Dentro das reformas, o Concello conta coa renovación de sinais de estradas demandadas ao Ministerio de Fomento en dirección Arcos, Santana e Coedo.

Puxéronse cubrecontedores nos tramos do Camiño de Santiago o seu paso polo concello.

Arranxáronse bancos en diferentes zonas de aldeas do concello como nos accesos a igrexa e tanatorio da Igrexa de Santo Estevo en Sandiás, tanatorio e vivendas sociais en Piñeira de Arcos, Cerredelo, rúa Sopenedo en Vilariño, restauración ao carón do Polideportivo, na área de recreo do PAI e CEIP de Sandiás.

Fíxose unha limpeza das diferentes zonas urbanas en algunhas aldeas polo Obradoiro de Emprego Xinzo-Sandiás. Implantáronse uns bacheados puntuais en diferentes tramos de estradas e camiños secundarios como en Piñeira de Arcos, Santana e Cerredelo.

Continuase coa colocación e redistribución de taboleiros informativos e estanse a preparar bancales no PAI e no CEIP de Sandiás polo Obradoiro de Emprego.

Te puede interesar