O Curso Nómadas axuda aos maiores coas novas tecnoloxías en Xinzo

Curso Nómadas en Xinzo.
photo_camera Curso Nómadas en Xinzo.
O día 22 de marzo, ás 17,00 horas, terá lugar o escape room “Igualdade, un reto contra a violencia de xénero” en Xinzo

O curso Nómadas Dixitais está tendo lugar estos días, cun acompañamento a mulleres maiores nas novas tecnoloxías, no Centro Social de Ganade, en horario de 16,30 horas a 18,30 horas.

A actividade comezou o luns e rematará hoxe, abordando os seguintes contidos: entender o funcionamento do móbil, empregalo de forma segura, boas prácticas e malos hábitos e o uso de aplicacións útiles para a vida diaria.

Esta actividade está organizada dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres, dentro da programación do Día Internacional polos Dereitos das Mulleres, contando coa financiación da Xunta de Galicia e impartida a través do Instituto da Familia. 

Máis actividades

O día 22 de marzo, ás 17,00 horas, comezará a primeira das actividades que terán lugar este día, coa “escape room” “Igualdade, un reto contra a violencia de xénero”, que con un aforo de 200 persoas, desenvolveráse no Parque do Toural; a inscripción será a través do código QR.

Para rematar coa programación do 8M organizada polo Concello de Xinzo, os días 25, 26 e 27 de marzo, haberá un Concilia Semana Santa, na Praza Carlos Casares de 09,00 horas a 13,00 horas.

Te puede interesar