SALUD

A Escola de Saúde da Limia inicia un curso sobre alzheimer e demencias

Entre os días 16 de novembro e 15 de decembro, terá lugar o "Curso de atención a persoas con alzheimer e outras demencias"

Entre os días 16 de novembro e 15 de decembro, terá lugar o "Curso de atención a persoas con alzheimer e outras demencias" que organiza a Escola Rural de Saúde da Limia na Casa da Cultura de Xinzo. A formación é aberta a toda a poboación –previa inscripción– . 


A enfermeira María José Feijóo ofrecerá o primeiro dos talleres, o 16 de novembro, sobre dependencia e coidadores, entre as 16,30 e as 19,30 horas. O curso continuará o 23 de novembro de 16,00 a 19,00 horas cun coloquio sobre os síntomas das demencias impartido pola Agrupación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, que tamén abordará os días 24 e 25 sobre comunicación, terapias e coidados dos propios coidadores. 


O doctor Luís Prieto informará sobre a ética nos coidados paliativos o 13 de decembro, de 17,00 a 20,00 horas. A avogada Victoria Diéguez e a neuróloga Rosa Rodríguez pecharán o curso os días 14 e 15.

Te puede interesar