Xan Jardón: “Estamos nun proceso apaixoante, no principio do fin de moitas cousas"

31.03.15.VILAR DE SANTOS,XAN JARDON ALCALDE.
photo_camera Xan Jardón revalida a alcaldía de Vilar de Santos.

O rexedor volveu a ter pleno na Corporación de Vilar de Santos ao acadar o respaldo de 556 dos 644 persoas 

O cambio de siglas, do BNG de fai catro anos a CxG do pasado 24 de maio, non influíu no resultado electoral en Vilar de Santos. O rexedor Xan Jardón volveu a ter pleno na Corporación ao acadar o respaldo de 556 dos 644 persoas que exerceron o seu dereito a voto (86,74%). Un respaldo que lle outorga os sete concelleiros con representación na Corporación.

Esperábanse repetir pleno na Corporación?
Este é un proceso democrático e os veciños son os que ordenan e o mérito é deles. A valoración que facemos lóxicamente é de satisfacción e moi positiva.

A que o achaca?

Non é unha cousa soa, senón varias variables e factores que un a un non definen nada, pero que no seu conxunto, si. Nós apostamos por un desenvolvemento propio do noso, de dotarnos dos mellores servizos públicos e esa estratexia de captación de recursos e de novas liñas de desenvolvemento. E o fixemos sen renunciar a nada e coa premisa de mellorar a calidade de vida dos veciños con recursos propios e sen débeda. Sen hipotecarnos e os veciños o valoran.

Cal vai ser a súa primeira medida?

Afrontamos esta nova etapa con moita ilusión e gañas por traballar. Imos a continuar co mesmo traballo, sendo aínda máis transparente e participativo. Traballaremos en varios aspectos que regulen a participación, porque os veciños deben ter canles de participación na actividade municipal.

Cómo é un pleno sen oposición?

O noso proxecto político sempre foi tremendamente participativo, e máis alá das xuntanzas do grupo de goberno que temos casi semanalmente, cando abordamos temas de maior relevancia, os preparamos con reunións cos axentes implicados. Que nos plenos non haxa oposición, non quere dicir que non levemos as cousas preparadas. A democracia é o día a día, e tomar pequenas medidas para que o sistema funcione.

Que opinión ten do novo pano- rama político?
É un proceso apaixoante, o principio do fin de moitas cousas. Estamos nunha época de cambio e no político, é de calado profundo. Pen- so que nas municipais, a xente aínda vota a xestión, pero haberá máis cambios e repercusión nas vindeiras eleccións. Os partidos políticos maioritarios teñen un problema. 

Te puede interesar