agro

A mellora do regadío da Limia abordarase entre 2018 e 2020

photo_camera Vista aérea dunha zona de regadío da comarca de A Limia.

Construiranse e modernizaranse tubaxes de rego, balizas de auga e mecanismos de impulsión 

As obras de modernización e mellora das infraestruturas de rego nas catro zonas da Limia declaradas de interese xeral polo Ministerio de Agricultura e Pesca: Alta Limia, Lamas - Ganade, Sabucedo e Corno do Monte, comenzarán, previsiblemente, a principios do vindeiro ano 2018. 

A delegación da Consellería de Medio Rural en Ourense acolleu a celebración dunha reunión de traballo urxente da Comisión de Seguimento dos Regadíos, que ten como obxectivo fundamental facer un seguimento dos trámites vencellados á construcción das mencionadas infraestruturas de rego. Á xuntanza asistiron os alcaldes dos concellos afectados da Limia: Antonio Pérez (Xinzo de Limia) , Susana Vázquez (Porqueira) e Emilio Pazos (Trasmiras ); os presidentes das comunidades de regantes (Corno do Monte, Alta Limia, Lamas Ganade e Sabucedo); o xefe territorial de Medio Rural, Yago Borrajo; o director xeral de Infraestruturas, Miguel Ángel Pérez Dubois e os técnicos da empresa Tragsa, encargados da redacción do proxecto.

Segundo sinalaron dende a Consellería de Medio Rural, durante estes días estivo sometido a exposición pública o correspondente estudo de impacto ambiental ao que deberán someterse os futuros proxectos da obra a levar a cabo. 
Por outra banda, dende a Consellería informaron ademais, que a previsión é realizar, entre outras actuacións, as obras de construcción e mellora de tubaxes de rego, balizas de auga, mecanismos de impulsión e soterramento de liñas eléctricas, entre os vindeiros exercicios 2018 e 2019.

No que atinxe ao financiamento da obra, cifra que aínda está por determinar, e segundo explicou o rexidor de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, está previsto que o 80 por cento do custo total sexa asumido polas administracións (Xunta de Galicia e Goberno Central) e o 20 por ciento restante polos agricultores. Segundo menifestou o rexidor "os agricultores están moi satisfeitos con este reparto". 

Por outra banda a participación do Goberno Central non será a través da Sociedade Estatal de Infraestruturas Agrarias se non que podería facerse a través da Confederación Hidrográfica Miño Sil.

Ademais, na xuntanza celebrada onte en Ourense informouse que a construcción dos regadíos farase efectiva nas cuatro zonas de xeito simultáneo. 

A vindeira reunión da Comisión do Regadío será no mes de setembro . 

Te puede interesar