REFORMAS

Melloras no entorno da capela de San Roque, en Escornabois

_fotos_limia_result
photo_camera O novo entorno da capela de San Roque en Escornabois.

A obra, que correu a cargo da Xunta de Galicia a través do seu  Plan Hurbe para a adecuación de espazos públicos, iniciouse hai dous meses

Trasmiras ven de acometer o acondicionamento do entorno da capela de San Roque, ubicada no pobo de Escornabois, o segundo núcleo de poboación máis grande deste concello e situado a pouco máis de dous quilómetros de distancia do centro do municipio limiao. 

A obra, que correu a cargo da Xunta de Galicia a través do seu  Plan Hurbe para a adecuación de espazos públicos, iniciouse hai dous meses e quedou rematada antes do inicio da pasada Semana Santa. 
Trátase, segundo sinalou o alcalde de Trasmiras, Emilio José Pazos, dun lugar "moi concorrido" e onde ten lugar a celebración das festas patronais de Santa Mariña durante o mes de xullo. 

A actuación, que contou cun orzamento de 207.434 euros, permitiu a substitución do antigo hormigón por pedra. Tamén se acondicionou o parque infantil, no que se cambiaron os xogos de ferro por outros homologados para nenos pequenos, e do parque biosaudable para maiores. 

O rexidor local mostrou a súa "satisfacción" co resultado desta obra de mellora. "En Semana Santa xuntáronse moitas familias a disfrutar do seu tempo libre neste novo entorno", explicou Emilio Pazos. Neste sentido, o alcalde de Trasmiras mostrou a súa predisposición para "loitar por que cada pobo do concello poida ter unha  zona común para o uso e o desfrute dos veciños" así como "dun local social" para levar a cabo distintas actividades, xa que é unha boa forma de convivencia entre maiores e pequenos".

Te puede interesar