REPORTAJE

Non todo é pataca e cereal

20170724203114903_result
photo_camera Rubén Rodríguez, xunto a unha plantación de pementos no seu invernadoiro de Piñeira Seca.

Rubén Rodríguez sempre tivo claro que o seu proxecto de vida pasaría por vivir no rural desempeñando unha actividade vencellada ao campo. A pesar de que na Limia predomina o cultivo de pataca, el escolleu a horta

Fillo de productores de pataca e cereal, Rubén Rodríguez, un mozo limiao de 25 anos de idade, decidiu tomar un camiño diferente ao seguido pola súa familia e por unha ampla maioría dos veciños da comarca da Limia, onde o cultivo de tubérculo é a práctica máis habitual, e creou a súa propia empresa de productos hortícolas. A piques de rematar os estudos de Enxeñería Agrónoma en Ourense, Rubén tivo claro que o seu futuro pasaba por un proxecto de vida no rural que lle permitise facer o que máis lle gustaba: traballar no campo. "Fixen prácticas en invernadoiros de Coruña e tamén no extranxeiro. Vin nesto unha posibilidade real de negocio e animeime a emprender pola miña conta", explica Rubén. "Traballo en invernadoiro e tamén teño media hectárea ao aire libre. Cultivo leitugas, tomates, acelgas, berenxenas e pementos, son productos naturales onde evito, ao máximo, o emprego de plaguicidas, de feito non descarto producir en ecolóxico nun futuro", engade. 

A axuda para xóvenes agricultores da Consellería de Medio Rural permitiulle a este mozo de Piñeira Seca, iniciar o seu proxecto. "Deronme 25.000 euros por incorporación e outra subvención que me axudou a financiar a inversión que fixen na empresa, que foi de 120.000 euros. Con eses cartos paguei o invernadoiro e o acondiciomamento do espazo."

Rubén traballa nun espazo de 1.600 metros cadrados dividido en catro naves. Disfruta de poder levar a xestión da súa propia empresa xa que, como di, "ao traballar para ti mesmo, sabes o que fas e o que podes obter. Controlas o inicio e o final do ciclo dos productos. En moitos casos, cando eres parte dunha empresa, fas as cousas dunha maneira ou doutra porque che din que as tes que facer así, non buscas o porque". 
Os inicios están sendo "duros" segundo sinala o xoven emprendedor, pero xa conta co varios clientes. "As miñas verduras véndense en fruterías de Ourense, principalmente en Carballiño", conta Rubén. "O meu obxectivo a curto prazo é vender as verduras e hortalizas envasadas co selo da miña marca comercial, xa que agora distribúo caixas de entre 10 e 15 quilos", engade. 

En canto a súa experiencia académica, este mozo limiao valora de xeito positivo o seu paso pola universidade pero remarca que o feito de ter crecido nunha familia de agricultores proporcionoulle unha maior destreza na práctica."Dixenlle aos meus pais que se me ía mal como emprendedor, sería unha experiencia para aprender", sinala Rubén. "Na Limia pódese vivir de mais cousas, non só das patacas ou dos cereais", engade. 

Te puede interesar