Unha Oficina Móbil acerca o Concello de Xinzo ó rural

Furgoneta de Oficina Móbil de Atención á Cidadanía.
photo_camera Furgoneta de Oficina Móbil de Atención á Cidadanía.

Xinzo xa conta coa Oficina Móbil de Atención á Cidadanía. Dende a incorporación de dous novos vehículos para a Policía Local polo sistema de renting, comezouse un servizo innovador que tratará de acercarlle a administración local á poboación das aldeas. Algúns dos trámites que se están facendo dende a Oficina Móbil de Atención á Cidadanía, son o rexistro de solicitudes xerais do Concello ou empadroamentos, así como o asesoramento no rexistro dos galiñeiros e temas variados nos que a Policía Local pode axudar ás persoas maiores. 

A nova furgoneta que actúa coma Oficina Móbil de Atención á Cidadanía, fará ruta dúas veces á semana polos diferentes núcleos. Este vehículo serve tamén como apoio técnico na realización de atestados ou controis de tráfico.

Te puede interesar