FORMACIÓN

Pataca de Galicia celebrará mañá unha xornada técnica

A última xornada de degustación de pataca tivo lugar o pasado mes de agosto.  (ÓSCAR PINAL)
photo_camera A última xornada de degustación de pataca tivo lugar o pasado mes de agosto. (ÓSCAR PINAL)

Ás 12,00 horas celebrarase unha mesa redonda na que se analizarán os usos e almacenamento de abonos, así como a súa lexislación, e as boas prácticas agrícolas

Como vén sendo habitual ata en dúas ocasións ao ano, o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia celebrará mañá venres, a partir das 09,00 horas, unha xornada técnica na que se abordarán temas vencellados aos tratamentos fitosanitarios, prácticas agrícolas ou á calidade do produto final.

Será o presidente da IXP, Guillermo Budiño, quen inaugure o encontro, para dar paso á primeira charla sobre calibración e inspección de equipos de tratamentos fitosanitarios en cultivos de mans de Javier Tubio Romay. 

Ás 12,00 horas celebrarase unha mesa redonda na que se analizarán os usos e almacenamento de abonos, así como a súa lexislación, e as boas prácticas agrícolas encamiñadas a mellorar a imaxe do produto de cara ao consumidor final. 

Logo dunha degustación de varios pratos elaborados con pataca da tempada, será a quenda para falar do desenvolvemento tecnolóxico de procesos para o sector do tubérculo. O conselleiro de Medio Rural, José González, clausurará a xornada ás 17,00 horas.

Te puede interesar