Lucía Fernández: “É posible xerar postos de traballo no rural, aquí se vive mellor"

VILAR DE BARRIO (ARNUIDE). 06/05/2021. OURENSE. Retrato de Lucía Fernández, presidenta da Asociación de Comerciantes de Vilar de Barrio. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Retrato de Lucía Fernández, presidenta da Asociación de Comerciantes de Vilar de Barrio. FOTO: ÓSCAR PINAL.
“Afouteza” é unha palabra de sobra coñecida para os celtistas de corazón. Dende esta semana é tamén o nome da primeira asociación de comerciantes de Vilar de Barrio

“Afouteza” é unha palabra de sobra coñecida para os celtistas de corazón, unha verba que lles dá a forza que necesitan para afrontar as batallas no terreo de xogo. Dende esta semana é tamén o nome da primeira asociación de comerciantes de Vilar de Barrio, unha iniciativa que xorde para reivindicar a economía do rural e a unión dun pobo fronte ás adversidades. Lucía, que en breve dará a luz a unha nena, será a encargada de liderar este proxecto. 

De que xeito xurdiu a iniciativa de agrupar nunha asociación o tecido económico e servizos de Vilar de Barrio? 

Xurdiu, sobre todo, polo despoboamento que existe no rural que, nos últimos tempos, se agravou aínda máis por mor do covid. Non hai movemeno e, tanto os responsables dos negocios, como a xente en xeral, están cos ánimos polo chan. Hai medo, polo que queremos potenciar un pouco o comercio local e animar aos veciños do pobo e arredores a que se movan, a que merquen. Tamén nos gustaría que se creasen novos postos de traballo, se é posible, aínda que creemos firmemente que si que o é. No rural vívese moito mellor. 

Segundo datos municipais, en Vilar de Barrio hai actualmente 33 establecementos comerciais, ten constancia de que algún tivera que pechar recentemente pola crise derivada do covid? 

Por tema do covid, non. ¿Que baixou moito o traballo? Si. Os negocios que hai levan moitos anos abertos, eso fai que lles sexa máis doado resistir. Pechou algún local, pero por cousas alleas ao covid. Si é certo que hai xente que se vai a xubilar e nos da pena que eses negocios se pechen. Gustaríanos que persoas, aínda que non fosen de aquí, se percatasen da oportunidade e viñesen. Esto sería importante para que crecesen os pobos e para seguir adiante. 

Queren buscar o relevo xeneracional que, nos tempos que corren, non é doado. 

Exactamente, pero é difícil porque a xente pensa que o é. Realmente eu levo 16 anos traballando nun negocio de estética no rural. Chamábanme tola e mira, aquí sigo. Se tes ganas e ilusión, pódese. É o que queremos transmitir á xente, xunto coa calidade de vida que hai no rural, algo que xa quedou demostrado co tema do covid. Sabemos que hai xente que está buscando casas neste entorno, polo que nos gustaría que os propietarios que teñan casas vacías lles dean un uso. Temos un entorno maravilloso,  unha serra, río… Pódese vivir perfectamente e pódense facer moitísimas actividades. É necesario que a xente abra ollos e mente. 

Cal cre que foi o motivo da resistencia, pese a todo, dos establecementos do rural?

Penso que, no rural, ao haber menos poboación, hai menos risco de contaxio. Aquí tivemos un índice moi baixiño neste senso e, quizais, a xente tivo menos medo á hora de saír. Si se mantivo a clientela local, pero é certo que baixou o traballo e necesitamos, xa digo, máis movemento.  

Teñen clientela fixa doutros municipios máis próximos?

Aquí se achega xente de Maceda, Baños de Molgas, dos pobos pequenos da serra e que pertencen a varios concellos e incluso, vén xente de Ourense.

Por onde lles gustaría comezar a traballar?

Queremos axudar a dinamizar as feiras e festas locais, asesorar negocios e potenciar a nosa presencia nas redes.

Te puede interesar