PROVINCIA

O PSdeG de Xinzo reclama un estudio paisaxístico do Toural

O grupo socialista considera que a mellor forma de acometer reformas deste tipo nun parque "é pedir asesoramento en temas forestais e de xardinería

O grupo municipal do PdeG no Concello de Xinzo reclama "un estudio concreto e detallado que delimite as necesidades do parque do Toural". Segundo manifesta a portavoz socialista, Elvira Lama o goberno local pretende talar as árbores que se atopan a marxe da rúa Alexandre Bóveda, por perigo de caída, así como levantar as especies que están xusto na beirarrúa, unha decisión "que non comparten os socialistas, xa que non se comprende a tala de árbores nunha vila con poucos espazos verdes".

O PSdeG rexeita o informe que fixo ao respecto a Deputación provincial, que confirma a decisión do alcalde, e reclama un estudo feito por especialistas na materia, como poden ser os enxeñeiros forestais. No mesmo escrito os socialistas solicitaban o aproveitamento das especies que decidan retirar e que se poidan plantar "noutros espazos públicos, noutros lugares e pequenos parques de titularidade pública, tanto da vila como dos pobos".

O grupo socialista considera que a mellor forma de acometer reformas deste tipo nun parque "é pedir asesoramento en temas forestais e de xardinería, pois somentes uns especialistas axeitados poderán deseñar o que se debe ou non substituir e as especies máis axeitadas a longo prazo". Conclúe o grupo socialista que "un parque non pode ser deseñado a base de parches ou de ideas ocorrentes do concelleiro de turno, que na maioría dos casos non sabe do tema, porque non é a súa profesión".

Te puede interesar