POLÍTICA LOCAL

O PSOE de Xinzo di que o PP fixo das piscinas "un vertedoiro"

foto_xinzo_02ok_result
photo_camera Imaxe da maleza no entorno.

A portavoz socialista sinala que os traballos realizados na infraestrutura son insuficientes

Os socialistas de Xinzo critican que o grupo de goberno do PP "converteu as piscinas exteriores da vila nun vertedoiro de compostaxe e de maleza". O pasado mes de febreiro o PSOE rexistrou unha moción para que este servizo municipal fose reformado e adaptado, obras que finalizaron recentemente e antes da apertura do espazo, o pasado sábado. 

Sen embargo, a portavoz socialista sinala que os traballos realizados son insuficientes. "Atopámonos con inxentes restos de herba amoreados na entrada como se dun compostoiro se tratara", apuntou Lama. "Toda a maleza acumulada e non retirada polo Concello pode provocar risco de incendio ou ser un nicho de bichería".

Te puede interesar