SEGURIDAD CIUDADANA

Rairiz de Veiga acolle unha charla sobre seguridade

As charlas dos axentes deron paso a un espazo para o debate no que varias persoas contaron as súas experiencias vencelladas a este tipo de sucesos

O colexio público de Rairiz de Veiga acolleu durante a mañán de onte, unhas charlas sobre seguridade impartidas por dous axentes da Garda Civil e dirixidas, principalmente, aos maiores do concello. 

Ao redor de 40 persoas asistiron a esta xornada que tivo como obxectivo fundamental o de axudar a combatir a problemática existente cos roubos a anciáns nas zonas rurais. Nesta liña os axentes explicaron os distintos tipos de "timos"que se repiten con frecuencia, e abordaron os diversos métodos de roubo que empregan os delicuentes. 

O Tenente e o Garda Civil encargados de impartir a información, advertiron aos asistentes de que "ante calqueira dúbida, é importante contactar co 062 sen ningún tipo de reparo". Por outra banda, no caso de sufrir un atraco engadiron que "é fundamental tratar de quedarse cos máximos datos posibles sobre o ladrón para a súa posterior indentificación, como a matrícula do seu coche ou as súas características físicas". 

As charlas dos axentes deron paso a un espazo para o debate no que varias persoas contaron as súas experiencias vencelladas a este tipo de sucesos. 

Esta actuación forma parte dunha serie de actividades informativas que están levando a cabo dende os corpos de seguridade para frear a problemática dos asaltos no rural. 

Te puede interesar