MELLORAS

A rúa Carlos Casares terá beirarrúas anchas

O Concello mesmo se plantexa a posibilidade de converter a rúa nunha de sentido único.

Días atrás deron comezo as obras para ampliar as beirarrúas polas que se accede ó C.E.I.P Carlos Casares. Segundo fontes municipais, trátase de responder a unha demanda de pais e nais do alumnado para que estes poideran subir e baixar ó autobús sen problema. Pasarían a medir 1,80, o dobre que na actualidade. 

As peticións están sendo revisadas polo Concello e mesmo se plantexan a posibilidade de converter a rúa nunha de sentido único. Esta medida trata de garantir que se poidan aparcar os vehículos e autobuses sen entorpecer a circulación cando saen os nenos do recinto. 

Informe previo 

Agora queda pendente o informe da Policía Local para confirmar se a remodelación vai adiante ou non. Nesa rúa é habitual que o tráfico se corte totalmente nas horas nas que os rapaces se achegan á escola, para preservar a integridade física de alumnos e pais nas horas centrais da escola.

Te puede interesar