política

Susana Vázquez optará a un novo mandato en Porqueira

Susana Vázquez ten a intención de poñer en marcha un plan de vivendas sociais "coa restauración de casas abandoadas, creando un sistema de aluguer a prezos moi asequibles

Susana Vázquez Dorado tentará un novo mandato á fronte da alcaldía de Porqueira, liderando a lista que o Partido Popular presentará para as eleccións locais de maio. Despois de catro mandatos, Susana Vázquez ten a intención de poñer en marcha un plan de vivendas sociais "coa restauración de casas abandoadas, creando un sistema de aluguer a prezos moi asequibles, oferta que completaríamos cos servizos que xa temos para a conciliación familiar". Tamén se referiu a importancia de impulsar novas explotacións gandeiras e agrícolas.

Te puede interesar