POLÉMICA

Os veciños de Parada duplican o tráfico que xerará a planta asfáltica

Dende a asociación subliñaron que "os camións teñen que subir vacíos e baixar cargados, polo que a cifra total de movementos sería do doble, 20 por hora e 160 ao día"

Fontes da Asociación Veciñal O Muíño da Lama contrastaron os datos emitidos pola empresa responsable da planta asfáltica, Opaín S.L., nos que falan dun tránsito de 10 camións por hora para exportar a súa producción, (80 ao día). 

Dende a asociación subliñaron que "os camións teñen que subir vacíos e baixar cargados, polo que a cifra total de movementos sería do doble, 20 por hora e 160 ao día".  Engadiron tamén que "o betún non se producirá na planta" e calculan que para a elaboración do aglomerado "serán precisos 120.000 quilos desta sustancia cada oito horas, o que suporía 12 cisternas mais unha cisterna de gasoil para que a planta poda funcionar. En total 170 camións ao día que causarían "un gran impacto ambiental". 

Te puede interesar