melloras

Vilar de Santos mellora o abastecemento no rural

"Na situación de seca decretada e ante a perspectiva de falta de chuvias e que isto se prolongue", o primeiro edil do concello limián asegura que "imos seguir tomando medidas co fin de garantir o subministro de auga a todos os veciños

O Concello de Vilar de Santos vén de rematar unha serie de melloras na rede de abastecemento municipal de varias das súas localidades alén da capitalidade. Segundo informou o seu rexedor, Xan Xardón, "xa está operativa a mellora realizada no abastecemento de auga potable cun novo bombeo e captación en Bréixome de Abaixo e a conexión coa rede de abastecemento para Bréixome de Arriba, A Venda e Toxediño", manifestou o alcalde.

"Na situación de seca decretada e ante a perspectiva de falta de chuvias e que isto se prolongue", o primeiro edil do concello limián asegura que "imos seguir tomando medidas co fin de garantir o subministro de auga a todos os veciños. Un obxectivo prioritario para o Concello, porque nos tempos nos que estamos non podemos permitir non garantir un servizo tan primordial, e un gran esforzo económico de inversión e de xestión na Rede Municipal de Abastecemento deste municipio", asegurou Xardón. 

Te puede interesar