Xinzo mellorará a loxística para o XXIII Esquecemento

Reunión para a organización das festas.
photo_camera Reunión para a organización das festas.

Xinzo de Limia prepárase para a celebración da Festa do Esquecemento, que chegará este ano a súa vixésimo terceira edición

Unha cita, a Festa do Esquecemento, que se celebrará en Xinzo de Limia os días 18, 19 e 20 de agosto e recrea a historia entre castrexos e romanos, promovida pola Asociación Cultural Civitas Limicorum. 

Para organizar a cita, membros da xunta directiva da asociación e parte do equipo de goberno do Concello, entre eles o alcalde Amador Díaz, reuníronse para rematar de planificar o evento. Chegaron á conclusión “de que as infraestruturas que facilitan a construción e mantemento do campamento castrexo e romano, tales como os accesos de luz ou agua, teñen que ser melloradas”, anotaron dende o Concello. 

Segundo Marcos Argibay, presidente de Civitas Limicorum, nesta XXIII edición prevese “unha asistencia masiva de visitantes e participantes na Festa, demostrando esa tendencia alcista da que tanto falamos. Agardamos que o Esquecemento sega a ser o evento máis multitudinario do verán na comarca da Limia”. 

Dende o Concello de Xinzo recordan que a Festa do Esquecemento está a piques de recibir aprobada a solicitude de Festa de Interese Turístico Rexional ou de Galicia, o que “sen dúbida será un paso máis dentro do seu prometedor futuro”, anotan.

Te puede interesar