ENTROIDO

Xinzo xa empeza a preparar a celebración do Entroido 2017

O Concello convoca aos veciños a unha reunión o próximo venres para facer a comisión organizadora

O Concello de Xinzo de Limia abre de novo as portas á cidadanía para a organización do Entroido 2017. Este venres é o día escollido polo consistorio limián para constituír a comisión de traballo. 

O pasado ano fora a primeira vez que se abrían as portas á participación voluntaria da cidadanía ao evento máis importante do municipio. Os veciños que queiran formar parte do equipo organizador están convocados este venres ás 20,30 horas no salón de plenos municipal.

Á reunión poden acudir todas aquelas persoas que o desexen. dende a Concellería de Cultura, Deportes, Educación, Festexos e Xuventude afirman que queren "seguir apostando pola xente de Xinzo para poñer en marcha este  Entroido". 

Trala constitución da comisión, procederase, como en edicións anteriores, á convocatoria pública para o deseño do cartel do evento. Os artistas disporán de arredor dun mes para presentar as súas propostas de deseño.

Os novos membros da organización terán que enfrontarse, segundo os más veteranos da vila, "á falta de implicación do sector hostaleiro", que ata agora ten sido sempre "moi pouco colaborador".  Xinzo vivirá o seu Entroido entre o 4 de febreiro e o 5 de marzo.

Te puede interesar