Alba Cid estivo no encontro Literario do IES Allariz

A autora ourensá Alba Cid.
photo_camera A autora ourensá Alba Cid.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, participou no programa Encontros Literarios no IES Allariz, da man da autora ourensá Alba Cid, e realizado polo Ministerio de Cultura e Deporte a través da Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura. O proxecto desenvólvese dende o 24 de outubro ata onte.

O subdelegado destacou a gran acollida que ten o programa con máis de dúas décadas de traxectoria. Este programa de animación lectora ofrece ao alumnado a oportunidade de coñecer de preto o traballo de narradores, poetas, dramaturgos, ilustradores ou tradutores, e supón unha oportunidade para que os autores participantes tomen o pulso dos intereses dos mozos lectores. 

A autora ourensá, Alba Cid, é recoñecida por ser galardoada con diversos premios literarios. Entre eles destaca sobre todo o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández pola súa obra “Atlas”, que a xuízo do xurado, constitúe «unha reflexión sobre a literatura, elabora mapas da realidade e sobre o valor moral que pode ter a literatura como problematización do mundo».

Alba Cid publicou textos en diversos libros colectivos: “Poética da casa” e “6 poemas 6”. Tamén mantivo diversos espazos na rede, como o “Caderno de viaxe”.

Te puede interesar