Alcaldes da comarca de Allariz-Maceda preparan o Tangaraño de 2021

PresentacionTangaraño
photo_camera Rochi Nóvoa, Xaime Iglesias, José Luis Gavilanes, e Manuel Conde.
“Os concellos darán a coñecer os valiosos tesouros que posúen: castros, burgas, ou serras mediante música e poesía”, afirmou Rochi Nóvoa.

A celebración do Tangaraño Cultural de 2021 arrancará este sábado, día 8 de maio, coa gravación dos primeiros actos culturais, tal e como adiantou a súa promotora, Rochi Nóvoa. Para perfilar todos os detalles, rexedores da Comarca de Allariz-Maceda e da Limia mantiveron esta pasada fin de semana unha xuntanza de traballo. 

Por primeira vez, este evento que mesturará música, poesía e teatro, celebrarase fora das fronteiras do pobo de Sobradelo, en Xunqueira de Ambía -onde naceu-, e por este motivo, a organización solicitou a colaboración do rexedor de Xunqueira, José Luis Gavilanes; do alcalde de Baños de Molgas, Xaime Óscar Iglesias e do primeiro edil de Vilar de Barrio, Manuel Conde, que se reuniron no primeiro concello. Segundo a organizadora, Rochi Nóvoa, “nos próximos días poderemos ver publicados os cartaces das artistas e colaboradoras nesta edición tan especial e adaptada aos tempos da covid-19”. Nesta liña, a maior parte dos actos programados difundiranse a través de vídeos e directos dende a canle oficial -Tangaraño Cultural Sobadelo, X de Ambía-. Deste xeito tratarase de garantir a continuidade do evento, ao tempo que se garantiza a seguridade fronte á pandemia: “Os concellos darán a coñecer os valiosos tesouros que posúen: castros, burgas, ou serras mediante música e poesía”, afirmou Nóvoa.

Te puede interesar