Carreira, charla e manifesto para a igualdade en Allariz

Tania Álvarez (Benestar Social) e Cristina Outeiriño (técnica de igualdade).
photo_camera Tania Álvarez (Benestar Social) e Cristina Outeiriño (técnica de igualdade).

Allariz presentou as súas “XX Xornadas para a igualdade”, baixo o lema “Polo logrado, polo que queda, pola igualdade”, avalando o compromiso local coa igualdade de xénero.

Na mañá de onte, Tania Álvarez e Cristina Outeiriño, concelleira de Benestar Social e técnica de Igualdade, presentaron as actividades organizadas para este 2024. Estas xornadas, que terán lugar do 8 ao 17 de marzo, ofrecen unha variada programación de eventos e actividades destinadas a promover a conciencia sobre os desafíos e avances no camiño cara á igualdade de xénero.

O venres 8 de marzo, Día Internacional da Muller, haberá unha concentración e manifesto institucional para a igualdade na Praza Maior de Allariz, ás 12,00 horas, na que están convidados a participar todos os colectivos de Allariz.

A fin de fomentar a reflexión sobre os roles e desigualdades de xénero, o sábado 9 de marzo, ás 20,30 horas, na Casa de Cultura, monólogo de Bea Campos titulado “Marcho que teño que marchar”.

A obra relata secretos sobre a súa familia mentres cociña, bebe e traballa entre cancións, coplas e conxuros. Un monólogo que se converte nun cesto trenzado de historias. A entrada é de balde e para público adulto.

Os nenos tamén terán o seu espazo co contacontos “Príncipas e princesos”, o sábado 16 de marzo, ás 18,00 horas, na Casa de Cultura. Este evento, dirixido a nenos ata os 10 anos, ofrecerá contos que promoven a igualdade de xénero.

A solidariedade tamén será protagonista ca “II Carreira-Andaina Solidaria pola Igualdade”, o domingo 17 de marzo, ás 11,30 horas, con saída dende a Praza Maior. Ademais de promover o deporte, esta actividade tamén busca recoller alimentos para Cáritas Allariz. Para participar nesta actividade hai que inscribirse no teléfono 988 55 40 59, enviando un mensaxe por WhatsApp ao 683 61 46 91, ou escribindo ao correo electrónico [email protected]. A fecha límite para inscribirse é ata o 15 de febreiro, ás 14,00 horas, ou formalizar a inscrición o propio día da carreira, antes das 11,00 horas.

Ao rematar a proba, ás 13,00 horas, na Praza Maior, concerto de Aldaolado, co seu espectáculo “O Ben-Querer(Se)”.

Te puede interesar